A USC padece unha grave avaría nos seus sistemas informáticos

luns, 18 de maio do 2015 Marcus Fernández

Durante os últimos días, ao intentar acceder a moitos dos contidos en liña da Universidade de Santiago de Compostela atopamos mensaxes de erro que indican que “o recurso solicitado está temporalmente fóra de servizo”, o que parece vir provocado por unha avaría grave nos sistemas de almacenamento de datos da USC que afectaría ao correo electrónico, aplicacións en liña, cartafoles compartidos... Avaría que está a ser tratada polo persoal técnico da Universidade e da empresa responsable do mantemento, prevéndose que a situación volva á normalidade o vindeiro mércores.
Dende a USC aseguran que a incidencia é causa do fallo dos módulos de memoria dos dous sistemas principais de almacenamento que xestionan a maioría da información que se xeran da entidade educativa, e esperan que durante a xornada de hoxe vaian arranxando distintos servizos, como a rede Wi-Fi aberta (que xa está operativa) e unha versión temporal da páxina web do organismo.

PUBLICIDADE