A Universidade Camilo José Cela comeza setembro cunha xornada sobre a súa formación transformadora
luns, 14 de agosto do 2023
A
Universidade
Camilo José Cela vai organizar o día 1 de setembro unha xornada
para dar a coñecer o seu programa Impulso Dixital e máis o
programa formativo para a mocidade de menos de 35 anos Xeración
Dixital (Expert@s en Transformación Dixital). Será en formato
streaming e en horario de 10.00 a 10.45 horas.
O
dito programa de formación ten a finalidade de desenvolver as
habilidades necesarias para incorporarnos ao mercado laboral como
axentes de transformación dixital, “desenvolvendo e implementando
a folla de ruta da dixitalización da peme”, en palabras da
organización, que engade que se trata dunha capacitación gratuíta
e oficial, avalada e financiada pola Unión Europea Next Generation
EU – Plan de Recuperación e Resiliencia do Goberno de España.
A
xornada tamén servirá para presentar as bolsas de emprego da
Universidade Camilo José Cela e o seu Servizo de Orientación e
Inserción.
Por
certo que a Universidade Camilo José Cela Impulso Dixital nace da
unión de tres entidades: Universidade Camilo José Cela, Gdoce Grupo
Empresarial de Servizos e Proxecto Universidade Empresa, SL - PUE.