A Universidade de Vigo baralla a creación dun centro singular de investigación na ESE Informática

mércores, 28 de xullo do 2010 Raquel Noya

Ademais de confirmar a continuidade da oficina de software libre coa que conta o Campus de Ourense na actualidade, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, que se reuniu recentemente co alcalde da cidade das Burgas, Francisco Rodríguez, para achegar puntos de vista comúns e continuar avanzando nunha estreita colaboración, anunciou a creación dun centro singular de investigación “que aproveite as capacidades da Escola Superior de Enxeñaría Informática” da Universidade que representa, xa que, segundo asegurou, nese centro,“o software libre sería un área transversal necesaria que formaría parte del”.
Mato sinalou que serían os especialistas os que determinarían a denominación definitiva do centro ao que se referiu como Informatic Center, e adiantou que no mesmo, velarase polo aproveitamento das vantaxes das novas tecnoloxías da información e a comunicación, e máis concretamente do software libre.

PUBLICIDADE