A WGA premia o guión de El Poder de la Fuerza

martes, 10 de febreiro do 2009

Nos premios do Gremio de Guionistas dos EE.UU. (WGA) existe unha categoría dedicada aos videoxogos que na presente edición contaba con Command & Conquer: Red Alert 3, Dangerous High School Girls in Trouble!, Fallout 3, Tomb Raider: Underworld e Star Wars: El Poder de la Fuerza coma candidatos, quedando este último xogo como gañador, confirmando a solvencia da súa historia, que quedou perfectamente integrada no universo de Star Wars e supliu algunhas das carencias técnicas do xogo (que foi un éxito de público aínda que non de crítica).

PUBLICIDADE