A WWE estrea rede social e serve de cuadrilátero para as primarias norteamericanas

martes, 22 de abril do 2008 Marcus Fernández

WWE Fan Nation é a nova rede social da loita libre

A loita libre da asociación World Wrestling Entertainment (WWE) estase a converter en todo un fenómeno global que nace na televisión e chega os videoxogos e á Rede, polo que dende a organización deste espectáculo veñen de crear a WWE Fan Nation, que vén a ser unha rede social para os seguidores da loita libre e que permite crear perfiles, compartir fotografías e vídeos e mesmo publicar blogs.

Os loitadores da WWE instan aos cidadáns a participar nas primarias norteamericanas

Tamén podemos destacar que a web da WWE está comezando a apostar por contidos en español, o que se concreta especialmente coa publicación de vídeos semanais cos programas presentados por Carlos Cabrera e Hugo Savinovich sobre a actualidade da WWE.
Pero se algo está de actualidade no mundo da WWE e a aparición dos candidatos á presidencia dos EE.UU. (Barack Obama, Hillary Clinton e John McCain) no espectáculo do pasado luns, o Monday Night Raw, que serviu para ver unhas mensaxes dos participantes (que aínda se poden ver na web oficial da WWE) nas primarias que hoxe teñen lugar en Pennsylvania, e ás que os loitadores instaban a participar baixo o lema Smackdown Your Vote!; aínda que o que causou máis furor foi a animación que simulaba a aparición de Hillary. Clinton e Barack Obama coma personaxes do videoxogo de WWE Smackdown vs RAW:

PUBLICIDADE