A Xunta achegarase á cidadanÃa a través do móbil
xoves, 30 de maio do 2013
O Consello da Xunta acordou esta mañá que a Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) será
o organismo encargado da tramitación, xestión, mantemento ou retirada de
aplicacións para móbiles e outros dispositivos electrónicos de calquera organismos
da Administración autonómica para plataformas Android e iOS que se publicarán
baixo a denominación única de Xunta de
Galicia. Deste xeito facilÃtase á cidadanÃa a identificación das diferentes
aplicacións publicadas pola Administración autonómica e contribúese a aumentar
a confianza de quen as usa, ao actuar a Xunta como garante da súa fiabilidade e
actualización.
Esta medida está enmarcada no Plan de Modernización Autonómica, que busca
conseguir unha Administración aberta as 24 horas os 365 dÃas do ano grazas ao
uso de medios telemáticos, para o que achéganse aos teléfonos móbiles, que
están a converterse no soporte máis empregado no mundo para conectarse á
Internet, polo que a Administración non pode ser allea desta tendencia, e
facilitará o acceso móbil aos servizos da Xunta de xeito progresivo.
- O Consello da Xunta de hoxe acordou que AMTEGA sexa o organismo responsable das aplicacións móbiles da Administración autonómica