A Xunta aposta pola cualificación especializada a través das unidades formativas na empresa
mércores, 7 de febreiro do 2018
O director xeral de Orientación e Promoción
Laboral, Alfonso Marnotes, salientou hoxe en Santiago nun
encontro que mantivo cos axentes do sector TIC galego, incluÃndo tamén
emprendedores, a aposta da Xunta por este eido ofrecendo unha formación
especializada en consonancia coas demandas das empresas, que se traduce, en
palabras de Marnotes, na creación de máis e mellores postos de traballo.
O director xeral explicou que o Goberno galego
traballa en adaptar a formación dos traballadores galegos ás necesidades reais
do tecido produtivo con diversas ferramentas orientadas ao novo modelo
industrial e ás novas tecnoloxÃas, entre as que destacou as unidades formativas
na empresa, dirixidas a empregados e ocupados, que permite ás compañÃas contar
con persoal cualificado tras unha formación á carta, co apoio da
Administración.
Para esta iniciativa, a ConsellerÃa de
EconomÃa, Emprego e Industria destina este ano 6,5 millóns de euros para formar
a 2100 traballadores en 540 empresas galegas, que inclúe cualificación para
firmas de sectores estratéxicos vinculados coa Axenda Industria 4.0, como é o
ámbito das TIC.
As unidades formativas dirixidas a desempregados
ofrecen formación á carta na propia empresa que, pola súa banda, ten que
comprometerse a un mÃnimo de contratación, ao 40% dos alumnos que participen en
cada unha das 40 unidades previstas. O prazo de solicitude para a primeira das
convocatorias deste programa xa está aberto. Para presentar as inscricións das
axudas correspondentes ao financiamento das accións formativas con compromiso
de contratación, o prazo rematará o 5 de abril. No caso dos incentivos á
actividade laboral vinculada ás accións formativas, o prazo de presentación de
solicitudes será dun mes a partir da contratación laboral que se produza ao
remate da acción formativa, respectando en todo caso o lÃmite máximo do 14 de
decembro de 2018.
A ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e Industria
financia, a través desta actuación, o 100% da formación, e para aquelas
compañÃas que superen o compromiso mÃnimo de contratación ofreceráselles axudas
para promover os contratos indefinidos, que oscilan entre os 7000 e 16.000
euros. O apoio mÃnimo de 7000 euros aumentará ata os 8000 para os parados de
longa duración, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
Ademais, as mulleres, maiores de 45 anos e emigrantes retornados, asà como as
empresas emprazadas no rural, recibirán un 25% máis de axuda sobre os 7000 ou
8000 euros, segundo sexa o caso, podendo chegar os apoios, desta maneira, aos
16.000 euros.
Nesta convocatoria, optarán a estas axudas as
empresas ou agrupacións temporais de firmas que presenten unha solicitude
conxunta. Este programa inclúe tamén para 2018 de xeito novidoso o seu carácter
bianual coa finalidade de que os cursos sexan máis complexos e poidan
prolongarse durante máis meses, ata o ano 2019.
O programa destinado a ocupados céntrase na formación en empresas de sectores
estratéxicos, entre os que se atopan as TIC. A previsión é a través desta
iniciativa formar a 1500 traballadores en 500 compañÃas. O prazo de solicitude
deste programa tamén está aberto, rematando o 2 de abril. O Goberno galego, a
través desta actuación, financia tamén o 100% da cualificación, cun lÃmite de
200.000 euros para empresas ou agrupacións de firmas, priorizando actuacións
vinculadas coa silvicultura, transformación de madeira, fabricación de
compoñentes electrónicos e ordenadores, automoción, naval, aeronáutica,
fabricación de mobles, edición de programas informáticos e telecomunicacións e
actividades relacionadas coa informática. O principal requisito deste programa
de axudas é que as compañÃas pertenzan a algún dos sectores estratéxicos da
Axenda Industria 4.0.