A Xunta dota con equipos informáticos a 55 xulgados de paz galegos
luns, 11 de agosto do 2008
A ConsellarÃa de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza, en colaboración coa entidade Red.es,
vén de dotar con 98 ordenadores e 72 equipos multifunción a 55 xulgados de paz
galegos nunha actuación que se enmarca no programa Rexistro Civil en Liña, polo cal se investirán ata un máximo de 1.373.458 euros nos 270 xulgados de paz
galegos.
Con esta suma, o goberno galego procederá á dotación
de equipamento, ao establecemento de infraestrutura e conectividade, á
formación e ao soporte da aplicación informática INFOREG e á xestión de altas e
atención ao usuario durante o proceso de implantación.
Segundo veñen de informar os responsables da iniciativa, para a instalación
deste equipamento foi preciso realizar traballos de cableado e a dotación de
encamiñadores (routers) para a
conexión á rede corporativa, co fin de que os usuarios dispoñan dos servizos e
contidos ofertados no portal da Xunta de Galicia e na intranet corporativa.
Pola súa banda, Red.es desenvolverá a formación e o soporte de usuarios
para a implantación da aplicación informática INFOREG 4 nas oficinas do
rexistro civil, a cargo dos xulgados de paz. Asemade, Red.es tamén asumirá o
soporte informático e desenvolverá o proceso de dixitalización de datos dende
1950.
Os ordenadores concedidos son compactos de sobremesa con procesador
Intel (R) Core 2 Duo E6420, con 2,13 Ghz, memoria RAM de 2 GB e disco duro de
320 GB. Estes equipos posúen, ademais, gravadora DVD, teclado con lector de
tarxetas criptográficas para a lectura de dispositivos de sinatura electrónica
e monitor TFT, entre outras caracterÃsticas. Os equipos multifunción
–impresora, fotocopiadora, escáner a cor e fax- teñen tecnoloxÃa de impresión
láser, alimentador automático de 50 páxinas e unha velocidade de 28 páxinas por
minuto.