A Xunta presenta ao seu persoal o funcionamento do sistema electrónico de atención á cidadanía

luns, 23 de setembro do 2019 Redacción

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, participou esta mañá na xornada explicativa para persoal da Xunta sobre o Sistema Electrónico de Atención á Cidadanía (SIACI), á cal asistiron 100 traballadores da Presidencia, da Vicepresidencia e das Delegacións Territoriais. A mediados de outubro haberá outra xornada de formación na que se prevé a asistencia de 500 funcionarios do Goberno galego.
Segundo explicou Natalia Prieto, en base ao regulado na Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e no Decreto 129/2016, do 15 de setembro, de atención á cidadanía no sector autonómico de Galicia, deseñase o Sistema Integrado de Atención á cidadanía, que recolle nun único punto a xestión relativa a todas aquelas queixas ou suxestións, así como as solicitudes de información xeral e particular e o acceso a información pública, que a cidadanía desexe presentar por distintos canles, xa sexa electrónico, presencial ou telefónico.
O “Sistema Integrado de Atención á Cidadanía (SIACI)”, será a ferramenta cun sistema de xestión e tramitación electrónica integral de procedementos transversais de atención á cidadanía que permita a xestión e a medida da satisfacción respecto dos servizos prestados á cidadanía e da información facilitada, no ámbito da administración, contribuíndo á mellora continua dos mesmo. A implantación de solución tecnolóxica SIACI permitirá dispoñer dunha ferramenta transversal única para a Xunta de Galicia na que xestionar os procedementos específicos para a atención á cidadanía mediante a tramitación electrónica de principio a fin, optimizando as competencias e funcións do persoal empregado público, homoxeneizando a xestión da administración nos procedementos aos que dará cobertura, en canto a prazos e formas de actuación. Ademais de detectar e articular as posibles melloras, para aplicar as modificacións oportunas nos servizos e procedementos en relación á prestación de servizos á cidadanía.

Vantaxes para a cidadanía

Ser atendido a través dun sistema único e integral. Garantir a efectiva atención á cidadanía a través de un sistema integral. Sistema multicanle. Facilitar o acceso a través de distintos canles para presentar a solicitude de información e as queixas ou suxestións. Coñecer en que estado se encontra a súa solicitude en calquera momento. Facilitar información da situación (tramitación) do seu expediente. Seguimento da tramitación da queixas, suxestións, reclamacións ou peticións de información presentada por parte da cidadanía, desde un único punto a través da integración na Carpeta do Cidadán.

PUBLICIDADE