A cadea de tendas K-tuin establecerase na Coruña a semana que vén
xoves, 11 de abril do 2013
En 2007 naceu na rúa Federico Tapia nº 43 da Coruña unha tenda chamada Play, especializada en produtos
de Apple, que durante todo este tempo non só ofrecÃa os produtos da compañÃa da
mazá, senón que tamén acollÃa numerosas actividades formativas ao seu redor,
pero este establecemento vai reformularse o vindeiro dÃa 18, cando ás 19:00 horas
celebrará a súa transformación nunha tenda da cadea K-tuin, nacida en
Madrid en 1994 e que actualmente conta con 8 tendas repartidas por Alacante,
Andorra, Barcelona, Pamplona, Zaragoza e Madrid, converténdose na meirande rede
de centros de Apple de España.
- O dÃa 18 realizarase a transformación de Play nunha tenda K-tuin
A transformación de Play en K-tuin celebrarase con sorteos e agasallos, aos que haberÃa que sumar un 10% de desconto en todos os ordenadores Mac durante os dÃas 18, 19 e 20 de abril. A cadea de tendas K-tuin sostén que ten como vantaxes unha compra segura (inclúe seguros a todo risco de balde cos Mac), unha compra máis económica (un 5% de desconto para os usuarios que utilicen a súa tarxeta), facilitades de financiamento (pagamento en 10 meses sen xuros), seminarios diarios de balde, un grande catálogo de complementos e a posibilidade de atender compras en liña.