A coruñesa Emetel recibiu a certificación de calidade ISO 20000

mércores, 10 de outubro do 2012 Redacción

Martín Pita, director de AENOR en Galicia; Manuel Lago Vecino, director xeral de Emetel e Ulises Sobral, xerente de Tempo Consultores

Emetel, empresa galega especializada en tecnoloxía e innovación, recibiu hoxe a certificación ISO 20000 de AENOR, acadando o seu obxectivo para 2012 en materia de calidade, o que a sitúa como a empresa do sector TIC da Coruña con máis certificacións AENOR, cun total de cinco, e a segunda en Galicia.
No acto de entrega da certificación participaron Manuel Lago Vecino, director xeral de Emetel; Martín Pita López, director de AENOR en Galicia e Ulises Sobral, xerente de Tempo Consultores, consultoría especializada no asesoramento a empresas a través da que Emetel puido alcanzar a ISO 20000.
A certificación ISO 20000 garante a calidade dos servizos TI prestados por Emetel aos seus clientes sobre a base dun plan estruturado de desenvolvemento de servizos TIC. Enfocada cara aos servizos de asistencia (outsourcing, soporte usuarios, soporte técnico...), ISO 20000 define os requisitos que ten que cumprir unha organización para proporcionar servizos TI xestionados cunha fiabilidade, seguridade e calidade adecuadas, baseándose nun exhaustivo control do sistema do seu cliente.
Aparte da devandita certificación ISO 20000, Emetel tamén conta con certificacións nas normas UNE-EN-ISO 9001, UNE-EN-ISO 14001 e UNE-ISO-IEC 27001 e no estándar OHSAS 18001.

PUBLICIDADE