A galega Pradolongo candidata aos Hollywood Music in Media Awards

martes, 3 de novembro do 2009 Raquel Noya

A compositora da música de Pradolongo Zeltia Montes, logo de coñecer a súa candidatura aos premios Hollywood Music in Media Awards, na categoría de Mellor Compositor Novel, vén de anunciar que acudirá o vindeiro 19 de novembro á gala de entrega do galardón (ao que opta con outros 4 nomeados) no Kodak Theater da cidade californiana.
Zeltia Montes foi nomeada a estes prestixiosos premios polo tema principal da banda sonora da película galega Pradolongo dirixida por Ignacio Vilar e producida por Vía Láctea Filmes.
Os outros 5 nomeados na mesma categoría son:
.Leah Curtis - Southwest of Here (Original Motion Picture Soundtrack)
.Zain Effendi - Gagetown
.Amanda Lee Falkenberg - Forgotten Arabia
.Zeltia Montes - Pradolongo - Main Theme
.Shawn Clement - Universe of Possibliites
O evento principal terá lugar o xoves, 19 de novembro de 2009 ás 19:30 horas (hora local en Los Ángeles) no mundialmente coñecido Hollywood & Highlands /Kodak Theater complex en Hollywood, California.
O evento creceu ata ser considerado polo creadores de tendencias na industria musical en Hollywood como a celebración musical de-facto na que “O Futuro da Música” preséntase hoxe.
A ceremonia dos Hollywood Music in Media Awards é unha entrega de premios con alfombra vermella e nas dúas dúas horas de duración hai actuacións en directo, celebridades que farán presentacións, e gravarase con múltiples cámaras HD para a súa posterior montaxe e emisión por televisión.
O xurado dos HMMA está composto por visionarios da industria e inclúe supervisores musicais, responsables de librerías musicais, produtores, publicistas, xornalistas, artistas, representantes, editores e outros profesionais do entretenimento. O xurado revisa, avalía e selecciona aos nomeados mediante un proceso de selección/votación interno. Unha vez seleccionados os nomeados, o consello asesor dos HMMA, o xurado e os produtores dos HMMA votan en cada categoría. Os resultados danse a coñecer na gala e en Internet a partir dese momento.
Na actualidade Zeltia reside en Los Ángeles e combina a súa actividade como compositora para música de cine e televisión coa composición de obras para distintas orquestas.

PUBLICIDADE