A marca de viños Martín Códax aposta por Redegal para a súa tenda en liña

luns, 14 de xullo do 2014 Redacción

Estar ou non estar na Rede é a día de hoxe unha especie de “ser ou non ser” vital á hora de vender e polo tanto existir e prevalecer no comercio (neste caso no electrónico), pois é ben sabido que cada día aumenta máis e máis a venda por Internet. Así o confirma o informe de Experian Marketing Services de marzo de 2013, do cal se deduce que 66,7% dos compradores online habituais, adquiren produtos de alimentación mediante as canles dixitais. É por iso que Redegal, a axencia galega de tecnoloxía dixital para as vendas -especializada en comercio electrónico, deseño web e desenvolvemento de app móbiles e de Facebook- vén de dar a coñecer un dos seus últimos proxectos, estamos a referirnos á tenda en liña de Martín Códax.
A marca de viños e augardentes de Cambados achega na súa tenda en liña un deseño onde o produto é o protagonista; unha estrutura sinxela onde o usuario poderá navegar dun xeito doado; e un proceso de compra sinxela. A información que estás a buscar, os produtos que queres mercar ou os eventos aos que che apetece acudir, están tan só a un clic. Amais de mercar viños e augardentes, na devandita tenda poderanse adquirir entradas para Os Xoves de Códax (concertos de artistas galegos que se levarán a cabo nos xoves de xullo e agosto); ou visitas guiadas á súa adega e viñedos, para descubrir polo miúdo o proceso de elaboración do albariño. Asemade, tamén se achega a oportunidade de personalizar as caixas de botellas de viño (con 6 opcións).

PUBLICIDADE