A mostra multimedia dedicada a Valentín Paz-Andrade fai parada en Pontevedra

xoves, 6 de setembro do 2012 Raquel Noya

A mostra multimedia sobre Valentín Paz-Andrade, que promove a Consellería de Cultura para darnos a coñecer (dunha forma diferente á tradicional) a vida e a obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano, vén de facer parada en Pontevedra, onde permanecerá ata o vindeiro 15 de setembro.
A exposición pódese visitar na biblioteca pública Antonio Odriozola, ata onde xa se desprazaron, con motivo da súa inauguración, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que percorreron os cinco paneis que conforman a mostra multimedia acompañados, entre outras personalidades, por Sabela Paz-Andrade, neta do escritor e empresario.
As próximas paradas desta exposición itinerante terán lugar nas bibliotecas nodais de Santiago de Compostela, Lugo e a Coruña, onde estará neste mes de setembro e outubro.
Xa no mes de novembro, a Consellería levará a exposición ata o Espazo Xoven de Ourense, e en decembro a mostra rematará o seu periplo no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.

PUBLICIDADE