A navalla suíza imparte un obradoiro sobre vídeo e HTML5 en Sevilla

martes, 13 de decembro do 2011 Raquel Noya

O equipo de traballo ZEMOS98, que se denomina a si mesmo como “un equipo que convive coa sociedade rede, que converxe e se asocia temporalmente, tecendo relacións e xerando comunidades”, está a organizar en Sevilla un obradoiro sobre as Posibilidades do Open Video e o HTML5, que imparte a vella coñecida de Código Cero, A navalla suíza.
O obxectivo final do obradoiro é dar cunha ferramenta en liña que sirva para a realización de código fonte audiovisual sen a necesidade de ter coñecementos técnicos de edición, con posibilidade de enlazar vídeos, audios e imaxes directamente desde a Rede, é dicir, sen descargar ningún programa. A data de presentación da ferramenta será en abril de 2012.
O obradoiro está apoiado pola convocatoria Sueño Digital do CICUS Lab da Universidade de Sevilla e coa colaboración da European Cultural Foundation (ECF) para a Rede Doc Next Network e poderase seguir a súa evolución a través do hashtag #ZEMOS98html5.

PUBLICIDADE