A navegación GPS de Nokia comeza a estar dispoñible para móbiles doutras compañías

mércores, 23 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

A versión de proba de Nokia Conducir+ xa está dispoñible (nalgúns territorios) para smartphones fóra da familia Lumia

Os usuarios de EE.UU., Reino Unido e Canadá de móbiles con Windows Phone 8 que non pertenzan á familia Lumia (como os de HTC e Samsung) poden xa acceder á aplicación Nokia Conducir+ Beta que até o momento era exclusiva para os usuarios de smartphones da compañía finlandesa, e que está a abrirse para permitir que os móbiles co sistema operativo de Microsoft poidan gozar dunha navegación GPS guiada por voz de calidade, que incluso pode funcionar sen conexión de Internet en 89 países de todo o mundo (cargando previamente as cartografías correspondentes), con información sobre os límites de velocidade, aparencia adaptable ao seu uso de noite ou de día, configuración de rutas (para poder elixir, por exemplo, o tramo máis curto sen peaxes), permitindo crear e gardar lugares favoritos no teléfono (que incluso poden gardarse na pantalla de inicio) e outras opcións entre as que gustamos de destacar que conta coa posibilidade de escoitar as súas indicacións en galego.

Até o momento Nokia Conducir+ era unha aplicación exclusiva para os móbiles Lumia

PUBLICIDADE