A nova web do Concello de Cambados permite contactar co seu alcalde por vía telemática

martes, 7 de abril do 2009 Marcus Fernández

Tras varios intentos frustrados para contar cun espazo na Internet dende o que informar sobre a actualidade de Cambados, o Concello cambia por completo a aparencia da súa páxina web, destacándose a posibilidade de permitir a comunicación co seu alcalde, José Manuel Cores Tourís, que conta cun formulario dende o que facerlle consultas e suxestións.
A web pasa así de deseños anteriores nos que limitábase a publicar o programa das festas e pouco máis, de aí que optasen por unha renovación que a dotase de máis contidos informativos e novas seccións, buscando convertela nun espazo aberto e participativo, ofrecéndose incluso a opción de descargar imaxes históricas da vila e vídeos turísticos.

PUBLICIDADE