A película Oviedo Express chegará antes ós móbiles que ó DVD

venres, 11 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A película de Gonzalo Suárez, Oviedo Express, se estreará o vindeiro luns en móbiles 3G da operadora Orange adiantándose á súa comercialización en DVD, polo que racha coa habitual cadea de distribución.
A película de 115 minutos se dividiu en 10 capítulos para poder adaptarse ó contorno móbil e á limitada duración das baterías. Tamén se poderá ver a través da plataforma televisiva ADSL de Orange TV e dos videoclub que a compañía ten na web (accesible tamén para os que non sexan clientes de Orange).
O prezo da película será, nos tres casos anteriores, de 3 euros.

PUBLICIDADE