A política e o humor comparten éxito na primeira edición dos Vloggies

luns, 6 de novembro do 2006 Marcus Fernández

Irina Slutsky (de Geek Entertainment TV) e Daniel McVicar (de Bold and the Beautiful)O pasado sábado os videoblogs ou vlogs vestíronse de gala para a entrega da primeira edición duns premios para eles, os Vloggies, que contaron con Irina Slutsky (de Geek Entertainment TV) e Daniel McVicar (de Bold and the Beautiful) coma anfitrións, entregando os premios das distintas categorías algúns dos personaxes máis coñecidos deste novo xénero audiovisual que está a emerxer na Rede nuns tempos non que o vídeo está a ser a estrela.
O acto celebrado no Swedish American Hall de San Francisco serviu para xuntar ás figuras máis coñecidas do mundo dos vlogs a nivel global, aínda que houbo unha especial ausencia, a de Josh Wolf (actualmente na cadea por mor de non querer entregar ás autoridades unhas gravacións efectuadas durante unha mobilización antiglobalización) e que foi galardoado co premio ó vlog máis controvertido.
Brian Conley recibindo o premio ó mellor vlog do anoA edición deste ano contou cun triunfador moi destacable, o vlog Alive in Baghdad, que se fixo cos premios do xurado ó mellor vlog, mellor vlog colaborativo, mellor vlog político e mellor entrevista, recollendo o premio Brian Conley, que se amosou moi agradecido polo recoñecemento da súa iniciativa por achegar a realidade de Bagdad a occidente.
Pero non só os contidos serios e políticos resultaron agraciados polos Vloggies, xa que o humor é quizais o xénero que dá máis xogo na Internet, e que goza de máis sono, de xeito que Ask a Ninja se fixo co premio ó mellor blog de humor, aínda que outras vlogs semellantes coma It’s Jerry Time ou Galacticast se fixeron cos pemios ó mellor deseño web e ós mellores efectos especiais.
Tamén hai que subliñar o éxito de Bleeding Edge TV coma o mellor vlog tecnolóxico ou o de Blip.TV coma o mellor servizo de hospedaxe de vídeo, Jennifer Myronukmentes que a moitou puido sorprender que Rocketboom se fixese co premio ó mellor vlog de novas pese a que na actualidade prescinden da presentadora que lle deu sona, Amanda Congdom.
Pero os gustos do xurado non coinciden totalmente cos do público e, aínda que Alive in Baghdad fose considerado o blog máis controvertido e o mellor vlog colaborativo, non puido superior o éxito de videoblogs coma Ask a Ninja (que foi elixido coma o vlog favoito, o máis divertido e o mellor vlog de humor) ou Galacticast (mellor vlog de ficción, mellores efectos especiais e mellor deseño web).
Curiosamente Blip.TV tamén conta con boa consideración pública, o que podería resultar abraiante para os usuarios que non cheguen máis aló do YouTube ou o Google Video (pero que está xustificado polas poucas limitacións e imposicións que fan dende Blip.TV.
Ademais, o público tamén recoñeceu o éxito de Diggnation, o popular vlog de Kevin Rose (fundador de Digg) e a propia Amanda Congdom se fixo co galardón ó mellor videoblog de viaxes por Amanda Across America.
Con tan bos expoñentes dos vlogs temos así un punto de referencia imprescindible para todo aquel que queira achegarse a este formato audiovisual que promete ter un impresionante futuro á vista do que achegou a primeira edición dos Vloggies. Agardemos que continúen a celebrarse eventos semellantes e que impulsen así a moitos usuarios a pasar de consumidores a creadores, enriquecendo a Rede con vídeos de todo tipo.

PUBLICIDADE