A rede SmartPEME regresa en setembro con 38 novos obradoiros TIC

martes, 3 de setembro do 2019 Fernando Sarasketa

SmartPEME, a rede da Deputación de Pontevedra para a capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da provincia, volve este mes de setembro con novas accións encamiñadas a facer avanzar a dixitalización e a competitividade. Para a comarca de Vigo, trátase de 19 novas accións formativas a desenvolver nas oficinas de SmartPEME en Ponteareas, Vigo e Porriño. A estas citas cómpre sumar as sete previstas para a oficina de Pontevedra (sede Deputación) e outras seis en Cambados, ás que cómpre engadir seis obradoiros máis en Lalín. En total, 38 obradoiros dados a coñecer. As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.es.
Todas estas citas teñen o nexo común de facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”.
No que atinxe ás actividades da contorna viguesa, a oficina SmartPEME de Vigo acollerá este mes de setembro os seguintes obradoiros: Mellora o Impacto da túa Web Grazas a Google Analytics, que terá lugar o xoves 5 de setembro das 18 ás 21 horas; Mellora o teu Posicionamento Web con Google Search Console, o martes 10 de setembro de 19 a 21 horas; Emprendemento: Oportunidades e Ferramentas, o xoves 12 de setembro das 19 ás 21 horas; Inbound márketing, o martes 17 de setembro das 19 ás 21 horas; O teu Contido Efémero: Stories en Facebook e Instagram, o xoves 19 de setembro, desde as 19 ás 21 horas; Responsabilidade Social Corporativa para PEME, Persoas Autónomas e Emprendedoras, o martes 24 de setembro das 19 ás 21 horas, e Promoción e Comercialización de Actividades Turísticas en Liña, o xoves 26 de setembro das 17 ás 19 horas. A oficina SmartPEME de Vigo, na sede da Deputación da cidade, atópase na rúa Oporto, núm. 3.
A oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: Mellora o Impacto da túa Web Grazas a Google Analytics, o martes 3 de setembro das 18 ás 21 horas; Mellora o teu Posicionamento Web con Google Search Console, o xoves 5 das 19 ás 21 horas; Vídeo co teu Smartphone: Crea, Grava e Edita como un Profesional, o martes 10 de setembro das 18 ás 21 horas; Xestión e Comercialización de Vivendas e Apartamentos Turísticos, o martes 17 de setembro das 17 ás 19 horas; Experiencias SmartPEME: Grupo Drongal, o martes 24 de setembro, das 19 ás 21 horas, e Era unha Vez o Cliente: da Captación á Fidelización, o xoves 26 de setembro das 19 ás 21 horas. A oficina SmartPEME do Porriño, no Multicentro do Concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.
Polo que se refire á oficina de Ponteareas, as quendas comezan o xoves 5 de setembro con Mellora o Impacto da túa Web Grazas a Google Anaylitics, que terá lugar desde as 18 ás 21 horas, e continuarán o 10 de setembro con Mellora o teu Posicionamento Web con Google Search Console, que se desenvolverá das 19 ás 21 horas. O resto dos obradoiros son os seguintes: Vende os teus Produtos en Facebook e Instagram, o xoves 12 de setembro das 19 ás 21 horas; Apps de Edición: Sácalle Partido ao teu Instagram, o martes 17 de setembro das 18 ás 21 horas; Como Utilizar Instagram para Promover a túa Empresa, o xoves 19 de setembro das 19 ás 21 horas, e Xestión e Comercialización de Vivendas e Apartamentos Turísticos, que terá lugar o martes 24 de setembro, das 17 ás 19 horas. A oficina SmartPEME de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, núm. 5.
No que se refire a Cambados, as quendas comezan con O teu Plan de Márketing Dixital Paso a Paso, que terá lugar o xoves 5 de setembro das 18 ás 21 horas; Desenvolve a túa Propia Estratexia de Email Márketing, o xoves 12 de setembro de 19 a 21 horas; Mellora o Impacto da túa Web Grazas a Google Analytics, o martes 17 de setembro de 18 a 21 horas; Copywriting para a Promoción de Tours, Experiencias e Actividades, o xoves 19 de setembro, de 17 a 19 horas; Experiencias SmartPEME: A Quinta de San Amaro, o martes 24 de setembro, de 19 a 21 horas, e, por último, Vende os teus Produtos en Facebook e Instagram, o xoves 26 de setembro, de 19 a 21 horas. A oficina SmartPEME de Cambados atópase no Centro ExpoSalnés, no paseo da Calzada s/n.
O programa da sede da propia Deputación en Pontevedra comeza este martes 3 de setembro con Inbound Márketing, das 19 ás 21 horas, e continuarán o xoves 5 de setembro co obradoiro Copywriting para a Promoción de Tours, Experiencias e Actividades, que se desenvolverá das 17 ás 19 horas. As outras accións formativas son as seguintes: Desenvolve a túa Propia Estratexia de Email Márketing, o martes 10 de setembro, das 19 ás 21 horas; Crea unha Campaña de Email Márketing con MailChimp, o xoves 12 de setembro, das 19 ás 21 horas; Emprego de Vídeo nas Redes Sociais: YouTube, o martes 17 de setembro, das 19 ás 21 horas; Vídeo co teu Smartphone: Crea, Grava e Edita como un Profesional, o xoves 19 de setembro, das 18 ás 21 horas, e Mellora a túa Presenza en Liña Promovendo as Entradas do teu Blog, o martes 24 de setembro das 19 ás 21 horas.
As novas citas do mes na oficina SmartPEME de Lalín serán Xestión e Comercialización de Vivendas e Apartamentos Turísticos, que terá lugar o martes 3 de setembro de 17 a 19 horas; Apps de Edición: Sácalle Partido ao teu Instagram, o xoves 5 de setembro de 18 a 21 horas; O teu Plan de Márketing Paso a Paso, o martes 10 de setembro de 18 a 21 horas; Como Utilizar Instagram para Promover a túa Empresa, o xoves 12 de setembro de 19 a 21 horas e, por último, O teu Contido Efémero: Stories en Facebook e Instagram, o martes 17 de setembro de 19 a 21 horas. Por outra banda, na Estrada desenvolverase o obradoiro Fotografía os teus Produtos ou Servizos para as Redes Sociais, o mércores 25 de setembro de 19 a 21 horas. A oficina SmartPEME de Lalín, no Viveiro de Empresas situado no Polígono Lalín 2000, atópase na parcela E deste espazo.
Datos sobre o Proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas, Vigo, A Estrada e Barro, abrangue as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

PUBLICIDADE