A rede europea WiFi4EU entra en funcionamento en Rianxo

luns, 8 de marzo do 2021 S. P.

Seguen a incrementarse as posibilidades de conexión no concello de Rianxo, dotando á veciñanza dun servizo (Internet sen fíos de balde) que, dende o comezo da pandemia, subiu novos chanzos en relevancia. Segundo confirmou o Concello, vén de completarse o despregue dos 10 puntos locais de acceso que conforman no municipio a rede pública aberta WiFi4EU.
A Axencia Executiva de Innovación e Redes (INEA) da Comisión Europea subvenciona a adquisición do equipamento con 15.000 €, que o Concello completa con 21.749,44 € de fondos propios para garantir o subministro de datos durante os tres vindeiros anos.
A iniciativa WiFi4EU promove o libre acceso da cidadanía a conexións Wi-Fi abertas e gratuítas en espazos públicos de municipios de toda Europa.
As áreas cubertas polos puntos de acceso en espazos públicos son as seguintes:
· Campo de Arriba (Rianxo)
· Parque de Galicia - Auditorio (Rianxo)
· Praza Virxe de Guadalupe (Rianxo)
· Parque da Martela (Rianxo)
· Praia da Torre - Castelo da Lúa (Taragoña – Rianxo)
· Campo de Pazos (Taragoña)
· Centro Social da Capela (O Araño)
· Casa da República (Isorna)
· Centro Cultural Vicente Vidal (Leiro)
· A Atalaia (Asados)

PUBLICIDADE