A revista Esquire levará a realidade aumentada ás súas páxinas

luns, 2 de novembro do 2009 Marcus Fernández

A revista Esquire leva un tempo apostando pola innovación para manter a atención de lectores e anunciantes, e tras incluír papel electrónico nunha das súas portadas, agora apostarán pola realidade aumentada, de xeito que nas súas páxinas amosarán un recadro que poderá ser interpretado por unha cámara web para situar na pantalla do ordenador animacións tridimensionais que parecerán saídas da propia revista situada fronte ao equipo informático.
Na portada da revista poderemos ver ao actor Robert Downey Jr., que sairá da páxina en 3D; no interior tamén podemos ver cómo nunha das páxinas aparece unha tormenta de neve que, ao mover un pouco a páxina, convértese nun día soleado (mudando o actor de roupa segundo o tempo amosado). Supomos que estes efectos veranse a través dunha páxina web creada a tal efecto, e esta iniciativa contará co patrocinio de Lexus, fabricante de automóbiles que faría uso desta tecnoloxía nun par de anuncios.

PUBLICIDADE