A tenda AS Computer de Ourense celebra este luns, con sorteos de produtos, o seu primeiro aniversario

luns, 18 de novembro do 2013 Fernando Sarasketa

Detalle da festa de apertura da tenda en Ourense, hai agora un ano

Este luns 18 de novembro celébrase en Ourense o primeiro aniversario do seu centro As Computer. E farase, atención, con sorteos de produtos. Lembrar que AS Computer MacCenter é unha empresa galega con 23 anos de actividade fornecendo aos nosos usuarios de tecnoloxía Apple nas súas máis variadas manifestacións, contando para este fin con sedes en Santiago, Vigo e, tamén, Ourense. A tenda da cidade das Burgas, establecemento autorizado Apple Premium Reseller, está emprazada no número dezaseis da rúa Curros Enríquez. Dende ela, contan os responsábeis de AS Computer, ofreceuse ao longo de todo 2013, a clientes de Ourense e de toda a provincia, “a posibilidade de coñecer e experimentar de primeira man os innovadores produtos e solucións de Apple na contorna máis axeitada”.
E engaden: “AS Computer ofrecerá este Nadal a gama completa de ordenadores Mac, iPad, Phone e iPod, xunto cunha ampla escolma de accesorios, amais dos novos modelos de iPhone (libres) que están que están xa dispoñibles para a venda, toda unha novidade e que coincide co noso aniversario en Ourense”.
Por certo que a festa de aniversario como tal celébrase este luns ás 17 horas, con sorteos especiais de accesorios para iPhone, iPad e Mac para tódolos clientes que se achegan ao establecemento entre a devandita hora e as 20.00 horas. Amais, infórmase que os clientes da cadea galega de tendas Apple poderán mercar computadores Mac cun dez por cento de desconto especial, entre hoxe e o día 20 de novembro. “Estamos encantados de consolidar unha nova tenda Apple Premium Reseller aínda máis grande e mellor deseñada", coméntanos Ángel Saborido, xerente da empresa galega, que salienta desde hai anos por ofrecer tecnoloxía Apple xunto con servizos de asesoramento de calidade, tanto para clientes domésticos como para profesionais, amais de sesións de demostración e cursos formativos nas propias tendas, destinados a axudar “aos usuarios a tirar o máximo partido das súas compras”.

PUBLICIDADE