A tenda en liña Metrópolis Cómics doará unha parte das súas vendas ás ONG

martes, 8 de novembro do 2011 Fernando Sarasketa

A tenda en liña de banda deseñada Metrópolis Cómics, con base na rúa María de Ferrol, vén de pór en marcha unha actividade de apoio á acción social para celebrar o Día das Librarías, este 25 de novembro que xa se albisca ao lonxe. A iniciativa, chamada O cómic solidario, diríxese a axudar, mediante a lectura de banda deseñada, a xente que o precisa (cada vez máis neste contexto de crise produtiva). Segundo informan fontes da tenda en liña, o tema consiste na elección, cada corenta días, dun título do catálogo do establecemento para dedicar tódolos beneficios de venda do cómic en cuestión a unha organización sen arela de lucro.
As compras en liña deste cómic solidario só se poderán facer, precisamente, a través da nosa web”, engaden dende Metrópolis Cómics, aínda que puntualizan: “Os clientes da nosa comarca e os que decote visitan o noso establecemento poderán escoller a opción de recollida en tenda”. A iniciativa xa dá comezo este mes de novembro coa obra Todo barrio, de Carlos Giménez, sendo a ONG elixida para achegarlle os beneficios Médicos sen Fronteiras.

PUBLICIDADE