A transformación dixital das finanzas, ao detalle nun curso de verán da USC

xoves, 14 de xuño do 2018 Redacción

A Universidade de Verán 2018 da USC vai ofrecer un curso sobre as novas finanzas no mundo dixital os días 4 e 5 de xullo na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Santiago). A matrícula pode formalizarse de xeito presencial ou a través da web da USC até o próximo 23 de xuño. O curso estará dirixido por Loreto Fernández Fernández e ten como finalidade avaliar e mostrar ao detalle “as grandes transformación que está a experimentar a industria financeira tras a dixitalización global”.
Segundo lembra a Universidade, esta transformación fixo da innovación “unha variade clave das novas estratexias do sector, ao que chegan novos competidores (fintech, bigtech e neobanks) e onde o incremento de clientes é exponencial”.
A actividade formativa está dirixido a estudantes universitarios de calquera titulación, docentes, profesionais da industria financeira e ao público en xeral. Os contidos incluídos no curso tratan as perspectivas xerais da tecnoloxía financeira nos mercados, a banca no século XXI, a ciberseguridade na operativa financeira e o fraude, as novas claves estratéxicas no sector financeiro, os retos do proceso de innovación tecnolóxica nunha entidade financeira, os novos requisitos na arquitectura tecnolóxica, a banca móbil e os requirimentos xurídicos no marco da dixitalización, entre outros temas.

PUBLICIDADE