A turoperadora Kirunna Travel estrea nova páxina web

martes, 12 de agosto do 2008 Raquel Noya

A turoperadora Kirunna Travel, que forma parte de Orizonia Corporacion, un grupo turístico español, vén de lanzar á Rede a súa nova páxina web que ofrece ampla información sobre tódolos destinos e propostas de viaxes aos lugares máis recónditos do planeta.
Esta empresa naceu hai tres meses como maiorista especilizado en viaxes de larga distancia, co obxectivo de ofrecer propostas especiais e persoalizadas á medida de cada cliente, deseñando programas en catro continentes.
A nova web ten un deseño máis elegante, moderno e claro, cunha presentación inicial da empresa na que se explican os obxectivos da mesma: “proporcionar grandes viaxes para viaxeiros esixentes”.
Unha sección que destaca especialmente pola súa utilidade nesta web é a dedicada aos distintos destinos que ofrece a firma para os seus clientes e que están clasificados por continentes e rexións. Destinos exóticos, itinerarios inéditos e viaxes nunca antes experimentadas á India, Oceanía, Louxano Oriente, Illas do Índico, África Negra, Canadá ou a Patagonia son algúns dos lugares que aparecen descritos de xeito claro e conciso con toda a información que o viaxeiro debe saber antes de emprender o seu periplo.
Asemade, a web ofrece ligazóns con todo tipo de información práctica sobre cada destino, tal como, “que levar na maleta, como é a comida, que hai que mercar, necesidades sobre visados, vacinas, costumes de cada rexión”...
Kirunna Travel tamén ofrece información renovada permanentemente sobre as últimas ofertas a diversos destinos para que os interesados poidan acudir a súa axencia de viaxes habitual e contratar o que desexe a un prezo o máis asequible posible.

PUBLICIDADE