A última versión candidata de Firefox para Maemo elimina o soporte de Flash

xoves, 28 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Dende o lanzamento do iPhone vénse criticando a ausencia do soporte de Flash no seu navegador web, que aínda mantense no novo iPad, o que dende Apple sempre argumentaron que era debido a que a tecnoloxía Flash integrada en páxinas web non estaba optimizada para dispositivos móbiles, e agora dende a Fundación Mozilla parecen darlle á razón, pois a terceira versión candidata do Firefox Mobile para Maemo (ou sexa, para terminais Nokia N900 e N810) vén de eliminar de serie o engadido de Adobe Flash, que parecía afectar seriamente ao desenvolvemento do navegador ata non cumprir cuns mínimos que querían garantir os seus responsables, aínda que permite que o usuarios poidan reactivar manualmente tal funcionalidade se así o desexan.
Dende Mozilla están a traballar na posibilidade de permitir a activación de Flash só para algunhas páxinas web coma YouTube, de xeito que poderase acceder así a certos contidos dende o móbil, pero sen afectar ao rendemento do navegador simplemente por entrar nunha páxina web que inclúa multitude de anuncios en Flash, aínda que non confirmaron se estaría listo para a versión definitiva do navegador.

PUBLICIDADE