A web do Festival Arteficial ofrece xa completa información sobre este certame de Ribadavia

venres, 16 de marzo do 2007

O Festival Arteficial é un dos máis interesantes dos que están por vir na nosa terra, sobre todo no que ten descentralización da arte e a cultura dende as grandes cidades galegas cara a espazos igualmente válidos (ou máis, precisamente porque a centralización da cultura tende a mitigar o seu pulo). Neste senso, o eixo de operacións é Ribadavia. O certame (podémolo ver na web) estrutúrase este ano 2007 en dúas partes. Por unha banda temos a xornada do 30 do marzo, xornada con exposicións fotográficas, de pintura, un espectáculo poético musical, concertos, performances e teatro na rúa. Pola outra, está o festival propiamente dito, que se desenvolve os días 27 e 28 na vila de Ribadavia. Na páxina achéganse datos sobre quen organiza (Asociación Arteficial), obxectivos e actividades (cando, que, onde e por que).

PUBLICIDADE