A webserie Peter Brandon preestrearase na Coruña

venres, 30 de xuño do 2017 Marcus Fernández

O cómico Pedro Brandariz protagoniza a webserie Peter Brandon

En 2016 o Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay seleccionou como mellor proxecto de webserie en galego ao falso documental de Porco Bravú titulado Peter Brandon e protagonizado polo humorista Pedro Brandariz, que durante a pasada edición estreou en primicia os seus primeiros 3 episodios, nos que podemos ver tamén a figuras como María Tasende, Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, Evaristo Calvo, Isabel Risco ou David Amor, e que, antes de publicarse na Internet, quere dar unha oportunidade á cidadanía a gozar desta sátira do audiovisual galego. Por iso, o festival Carballo Interplay tendeu unha ponte co novo Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación (LAIC) de Coruña Dixital para facilitar a proxección dos primeiros episodios de Peter Brandon o vindeiro día 6 ás 20:30 horas no Teatro Rosalía da Coruña.
Este espectáculo será de entrada libre até completar aforo é unha excelente oportunidade para gozar de xeito anticipado destas pezas audiovisuais dirixidas polo coruñés Jorge Boquete e guionizadas por Óscar Cruz nas que podemos ver a un Pedro Brandariz desilusionado pola súa traxectoria profesional e arriscándoo todo para facer realidade un soño: presentar un late night en Galicia.

O equipo de Porco Bravú presentou a proxección coruñesa de Peter Brando nunha rolda de prensa no Playa Club

Vídeo promocional de Peter Brandon

PUBLICIDADE