AECO acolle o día 11 unha charla sobre ferramentas cloud

mércores, 3 de xuño do 2015 Redacción

A Asociación de Empresarias da Coruña (AECO) e APE Galicia (Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia) organizan a vindeira semana, o 11 de xuño na sede da primeira das entidades, unha xornada sobre as posibilidades de colaboración que poñen a disposición das nosas profesionais e empresas as ferramentas na nube. No encontro, que está previsto para as 19.00 horas, farase especial fincapé no potencial das ferramentas cloud de Google. A charla será impartida pola Factoría Colaborando. Achégase en acceso libre até completar aforo.
Entre as temáticas a tratar, abordaranse cuestións de interese para as nosas profesionais e emprendedoras como por exemplo a Rede 2.0 (a Rede participativa e social) coas súas comunidades de colaboración e contornas empresariais ou as ferramentas cooperativas de Google, como por exemplo Gmail, Drive, Sites, etc, facendo fincapé nas súas funcións básicas, nas posíbeis dificultades que pode implicar a súa implantación e nas principais aplicacións para o eido empresarial.

PUBLICIDADE