ALSong achega a letra das cancións que reproduce

martes, 21 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Os usuarios afeitos a utilizar reprodutores multimedia coma o WinAmp poderían ter unha interesante alternativa no ALSong, que é compatible cos formatos MP3, WAV, WMA, OFF, MOD, APE, FLAC, S3M e ASF así como coas listaxes de reprodución M3U e PLS, pero que destaca por acceder a unha base de datos con máis de 1 millón de letras de cancións (que contra o que podería parecer, si inclúe temas en español) que se poden seguir a xeito de karaoke. O programa tamén permite editar estas letras e incorporar ó sistema as nosas propias transcricións de temas non incluídos na base de datos.
Desta unha función chamada Language Learner, que axuda a comprender mellor as letras das cancións podendo facer máis lenta ou rápida a reprodución das cancións. Tamén permite personalizar a súa aparencia mediante skins e escoitar radios en liña.

PUBLICIDADE