AMY recupera a esencia dos survival horror
mércores, 11 de xaneiro do 2012
Nos
últimos anos o xénero dos survival horror
achegouse moito aos shooters, pero de
cando en vez aparece algún tÃtulo que recupera a esencia de terror e
supervivencia, como AMY, videoxogo
desenvolvido por Vector Cell e Lexis Numérique que vén
de chegar a Xbox LIVE por 800 puntos (9,6 euros) e á
PlayStation Network por 9,99 euros, de xeito que os usuarios das consolas
domésticas de alta definición poderán gozar do mesmo sen ter que pasar por unha
tenda fÃsica de videoxogos, o que sorprende para un xogo deste tipo.
Esta aventura sitúanos nunha cidade norteamericana ficticia no ano 2035, onde
un virus converteu aos habitantes en infectados de distintos tipos, como o
personaxe protagonista, Lana, que debe atravesar a poboación para chegar a un
hospital no que se refuxiaron os sobreviventes escoltando a Amy, unha nena autista
á que hai que protexer, tanto dos inimigos que xorden polo camiño como da
infección que a afecta, instando a progresar rapidamente no xogo para evitar a
morte. Tamén será posible retrasar a infección con inxeccións e máscaras de
gas, ou evitando certas zonas que acelerarán a progresión do virus.
Non podemos esquecer que como bo survival,
en AMY debe evitarse dentro do
posible o enfrontamento directo cos inimigos, empregando distintos recursos
para agocharse e aproveitando o reducido armamento (normalmente obxectos como
bastóns e pancas, que terán unha duración limitada).
O xogo incluso aproveita a vibración do mando da consola para facernos sentir
as pulsacións de Amy, o que axudará para detectar a presenza de infectados nas proximidades.
Tamén conta cuns gráficos moi coidados, especialmente para estarmos ante un
tÃtulo descargable que os amantes do xénero non dubidarán en marcar como
imprescindible.
Trailer de lanzamento de AMY
- Lana deberá esforzarse para protexer a Amy no xogo
- Lana deberá loitar contra a infección do seu corpo mediante distintos métodos (como con inxeccións)
- O armamento para protexerse será moi limitado