APD da a coñecer en Santiago ferramentas de apoio para empresarios galegos

mércores, 16 de abril do 2008 Raquel Noya

A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) vai organizar mañá xoves, 17 de abril, unha xornada sobre Ferramentas de apoio aos empresarios galegos: axudas e servizos.
O encontro ten como obxectivo difundir as medidas para o estímulo económico postas en marcha polo Igape e Xesgalicia este ano.
Os directores xerais de Igape, Álvaro Álvarez-Blázquez, e de APD Noroeste, Loreto Sanmartín, abrirán a sesión, que se desenvolverá a partires das 11:00 horas no Hotel Porta do Camiño en Santiago de Compostela.
Na xornada, distintos responsables do Igape afondarán nos incentivos económicos á actividade empresarial, nas axudas e servizos para a internacionalización e na dispoñibilidade de información e de apoio para o colectivo empresarial.

PUBLICIDADE