Aberto o prazo para a incorporación de novos centros a STEMBach o vindeiro curso
martes, 14 de xuño do 2022
Até o vindeiro1 de xullo incluÃdo a
Xunta mantén aberto o prazo para que os centros que o desexen se incorporen o
próximo curso 2022-23 ao Bacharelato de excelencia en Ciencias e TecnoloxÃa,
STEMBach, asà como para a continuidade dos que actualmente xa participan
nel, tal e como pode consultarse
no Diario Oficial de Galicia.
Esta iniciativa, que a ConsellerÃa de Cultura, Educación, FP
e Universidades puxo en marcha por primeira vez no curso 2018-19, enmárcase na
Estratexia Educación Dixital, Edudixital 2030, que contempla un conxunto de
accións de impacto no ámbito educativo dirixidas ao desenvolvemento de
competencias STEM a través de contidos curriculares asociados ao pensamento
computacional e ás tecnoloxÃas inmersivas (como a realidade virtual e aumentada
e a intelixencia artificial). Ademais búscase fomentar a vocación do alumnado
cara á investigación cientÃfica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxÃa que
lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria é tendo en
conta a perspectiva de xénero.
O STEMBach contribúe a afondar no traballo das competencias
matemática e básica en ciencia e tecnoloxÃa mediante os elementos e os
procedementos da investigación e do método cientÃfico, dun xeito rigoroso,
ordenado e crÃtico. Facilita tamén a adquisición de competencias transversais,
como a creatividade, o sentido da iniciativa e o emprendemento, a resolución de
problemas, o traballo en equipo, o pensamento crÃtico e a cidadanÃa global; asÃ
como a mellora das destrezas comunicativas e expresivas, con énfase na
comunicación e divulgación cientÃfica, nas competencias dixitais e na
incorporación da intelixencia artificial.
Proxecto de investigación
O STEMBach ten unha duración de dous cursos académicos e
pode incorporarse a el o alumnado de calquera das modalidade de Bacharelato. Os
participantes desenvolverán un proxecto de investigación, no segundo curso do
Bacharelato, relacionado con calquera ámbito de coñecemento das materias
cursadas na etapa, que estará co-dirixido por un docente pertencente a un
departamento universitario ou entidade de investigación de Galicia e do que o
alumno realizará unha defensa do traballo en sesión pública.
Asà mesmo, estes estudantes cursarán unha materia de
afondamento relacionada co ámbito STEM (ciencias, tecnoloxÃa, enxeñarÃa ou
matemáticas) extracurricular, en 1º e 2º de Bacharelato, que poderá basearse
nalgunha das materias relacionadas con este ámbito ou ter un enfoque
interdisciplinar, con orientación ao traballo na mellora das competencias
comunicativas e dixitais, e que terá unha carga lectiva semanal de dúas ou tres
horas fóra do horario ordinario do alumnado.
Xunto a investigadores recoñecidos
A maiores, este alumnado realizará actividades
complementarias de formación, organizadas polo centro en colaboración con
universidades, entidades ou organismos investigadores, ou persoas
investigadoras de recoñecida competencia, como conferencias, obradoiros ou
proxectos.
Ao remate dos dous anos do proxecto, e logo da avaliación
positiva tanto da materia de afondamento STEM extracurricular como da defensa
do proxecto de investigación, os alumnos recibirán unha credencial da dirección
do centro de que realizou os estudos correspondentes a este programa, que tamén
se fará constar no seu historial académico.
Desde que se deseñou hai catro cursos, nestes momentos está
implantado nun total de 43 centros educativos (cinco deles de nova
incorporación este ano) e con 658 alumnos matriculados (o 55,62 % deles
mulleres).