Acer lidera o mercado de portátiles na rexión EMEA

xoves, 9 de agosto do 2007

Acer anunciou que segue a liderar as vendas de ordenadores portátiles na rexión comprendida por Europa, Oriente Medio e África (EMEA) durante o segundo trimestre de 2007, cun crecemento interanual do 35,2% e trimestral do 38,1%, acadando unha cota 20,3% do mercado de vendas de portátiles.
Acer lidera así as vendas en España, República Checa, Dinamarca, Francia, Italia, Países Baixos e Bélxica, ocupando o segundo posto en Austria, Finlandia, Alemaña, Noruega, Rusia, Sudafrica, Suecia e Reino Unido.

PUBLICIDADE