Actividades de formación TIC na Coruña para fomentar a inclusión social da mocidade

mércores, 21 de setembro do 2011 Fernando Sarasketa

A ONG galega Equus Zebra vai organizar en breve unha serie de actividades encamiñadas a favorecer a inclusión laboral, social e cultural da mocidade no contorno urbano. Estas accións insírense no proxecto Agra Integra, unha iniciativa á que se vén de sumar Intervida co obxectivo de impulsala e que inclúe, entre outras cousas, medidas concretas para promover a participación dos nenos e adolescentes na vida cidadá. Segundo informa a ONG con sede na Coruña, levaranse a cabo accións dirixidas á formación como apoio escolar, achegamento ás novas tecnoloxías da información, clases de galego e de inglés, etc.
Asemade, levaranse a cabo un programa de lecer participativo a través de cursos e obradoiros de reciclaxe, visitas virtuais e excursións.
A nova tempada de iniciativas de Equus Zebra comezará este venres 23 coa celebración dunha festa no polideportivo da Sagrada Familia da Coruña. Nela, amais dun bo número de xogos e actividades de lecer, incluirase a instalación (da man da empresa IG 10) dun DJ de virtual.

PUBLICIDADE