Activision e Blizzard completan a súa fusión

venres, 11 de xullo do 2008

O grupo francés Vivendi Games e o estadounidense Activision finalmente concretaron a súa fusión dando lugar a Activision Blizzard (coma se anunciara o pasado decembro) dando lugar a un xigante do sector dos videoxogos cunha capitalización duns 12.700 millóns de euros.
Polo momento os estudos de desenvolvemento de xogos das compañías fusionadas non se verán afectadas pola operación, que afectará principalmente á actividade bolsista da empresa resultante (que lanzará unha oferta pública de 146,5 millóns de accións en breve).

PUBLICIDADE