Actualizan a icona que representará ao Firefox 3.5

venres, 19 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Esta semana estase a probar a versión candidata do Firefox 3.5 (que podemos instalar a través da actualización automática da beta 4 desta versión do navegador de Mozilla) e que presenta non só unha velocidade notablemente superior á do Firefox 3.0, senón tamén unha nova versión da icona da aplicación, que estivo a actualizarse nas últimas semanas para reflectir os cambios que está a vivir o segundo navegador máis utilizado do mundo.
A revisión da icona do Firefox foi obra de Anthony Piraino de Iconfactory, baseándose nos bosquexos de Jon Hicks e Stephen Horlander, así coma nos comentarios de deseñadores e outros colaboradores da comunidade de Mozilla.

PUBLICIDADE