Adiantan cómo será a interface do HTC Hero

martes, 19 de maio do 2009 Marcus Fernández

Aínda que o sistema operativo para dispositivos móbiles Android aínda estea en fase de maduración, xa está a presentar interface realmente atractiva, e publicaron na web un vídeo no que pódese ver cómo sería o uso do futuro HTC Hero, que presenta unha serie de widgets moi semellantes aos que teñen algúns móbiles de HTC que funcionan con Windows Mobile, e dan a entender que o futuro de Android é moi prometedor, xa que entra polos ollos.
O uso de gadgets no escritorio da nova interface, que sería a precursora do Android 2.0 Donut, resulta moi atractivo, e supón un cambio bastante importante con respecto a outros dispositivos móbiles actuais, servindo de exemplo de cómo o aproveitamento de tecnoloxías existentes pode ser innovador na súa aplicación.


Vídeo de demostración da interface de Android que preparan para o HTC Hero

PUBLICIDADE