Adobe demostra que as súas tecnoloxías poden funcionar nun tablet

mércores, 5 de maio do 2010 Marcus Fernández

De cara ao Web 2.0 Expo que estes días ten lugar en San Francisco Adobe montou un expositor no que poden verse distintos teléfonos móbiles con soporte de tecnoloxía Flash e tamén un prototipo dun tablet baseado en Android capaz de operar de xeito satisfactorio tanto con Flash coma con Air, en boa medida porque o dispositivo incorpora un procesador gráfico nVIDIA Tegra 2, e que serviría para responder ás crítica de Apple, compañía que non cesa de pór atrancos á tecnoloxía de Adobe no iPhone e o iPad (o que podería atender máis a un criterio estratéxico que técnico).
Aínda que polo momento sabemos pouco do prototipo de tablet amosado por Adobe, velo correndo unha aplicación baseada en Adobe Air da revista Wired e a reprodución de vídeos de YouTube dá a entender que a tecnoloxía de Adobe pode funcionar en dispositivos portátiles cun rendemento axeitado.


Demostración da aplicación de Wired nun tablet

PUBLICIDADE