Aerocamaras agasalla aos seus seareiros cun voo en avión ou helicóptero

luns, 5 de marzo do 2018 Fernando Sarasketa

Aerocamaras, empresa galega especializada en drons (formación, desenvolvemento, distribución), vén de anunciar unha iniciativa para recoñecer e recompensar a fidelidade dos seus usuarios. Con este motivo, lanzou este 5 de marzo un concurso nas redes sociais que vén acompañado dunha serie de premios que teñen moito que ver coa actividade da empresa: dúas prazas para voar en avións ou helicópteros da compañía (a elección da persoa gañadora), experiencia para dúas persoas de pilotaxe do dron híbrido AeroHybrix (a aeronave non tripulada con maior autonomía do mercado, co-desenvolvida por Aerocamaras) e outros aparellos aéreos profesionais ou un dron de adestramento de agasallo.
O concurso celebrarase entre o 5 e o 30 de marzo e, a través del, recompensarase a aquelas persoas que máis e mellor difundisen o devandito concurso. As persoas interesadas poderán participar rexistrándose en www.cursodedrones.es/concursos. Tamén está dispoñíbel un vídeo de promoción en Vimeo.

PUBLICIDADE