Altia fornece de infraestrutura SAP HANA a Hijos de Rivera
mércores, 4 de xaneiro do 2017
A
empresa galega Altia vén de proporcionar a Hijos de Rivera (Estrella
Galicia) a infraestrutura en memoria SAP
HANA. Co este fornecemento da consultora tecnolóxica iníciase
na corporación cervexeira un proxecto de complexa transformación
que, en palabras de Altia, “require non só coñecemento
tecnolóxico senón tamén de negocio e de xestión de cambio”. A
elección de Altia para desenvolver e dirixir este labor ten que ver
directamente, “coa experiencia da compañía TIC en proxectos de
servizos xestionados de administración SAP e a certificación SAP
Hosting Partner”. Como lembraremos, SAP é o nome dunha
multinacional xermana adicada a produtos informáticos avanzados de
xestión empresarial. A
certificación SAP Hosting Partner, pola súa banda, constitúe
o recoñecemento a Altia, por parte da firma alemá, da súa
capacidade para ofrecer soporte e xestión de aplicacións SAP.
No
marco deste proxecto, Altia proporciona a Hijos de Rivera unha
plataforma certificada para SAP HANA baseada nos equipos Tailored
Data Center Integration (TDI) de Hewlett Packard Enterprise, en
alta dispoñibilidade, replicada en dúas localizacións xeográficas
distintas que actúan como centro de procesamento de datos principal
e secundario. Amais, a empresa TIC subministra os servizos de copia
de seguridade xestionada (backup), xestión da réplica e alta
dispoñibilidade, soporte e administración SAP Basis, seguimento e
administración de sistemas operativos e soporte 24x7x365. A idea,
sinala Altia, é “permitir que o equipo de novas tecnoloxías de
Hijos de Rivera poida dedicarse á implantación do proxecto e
acompañar á organización nesta iniciativa de transformación da
compañía”.