Amazon Q podería ter serios problemas de seguridade e fiabilidade

venres, 1 de decembro do 2023 Marcus Fernández

Esta semana Amazon presentou un asistente de intelixencia artificial para empresas, coa promesa de que esta solución ofrecería respostas rápidas e precisas, coidando sempre a seguridade, pero agora que Amazon Q está dispoñible de xeito preliminar confírmanse os meirande temores sobre esta tecnoloxía, pois resulta ter os mesmos problemas que os modelos de linguaxes que existen no mercado, carecendo do nivel de seguridade e precisión que promete Amazon.
Dente Platformer aseguran que Amazon Q ten serias alucinacións (ou sexa, achega datos inventados) e filtra información confidencial, aínda que estamos a falar de incidencias que están a detectarse agora que hai usuarios podendo probar o servizo, polo que aínda hai marxe para que se vaian corrixindo os problemas máis serios antes de que o servizo se comercialice de xeito ordinario.
Cómpre salientar este asistente de AWS busca entrar nas empresas gañándose a súa confianza, pois a seguridade e a privacidade son grandes preocupacións para a meirande parte dos negocios, que en moitos casos prohibiron aos seus empregados o uso de ferramentas de IA xenerativa ante o temo de filtracións. Pero o caso de que detectasen que Amazon Q tamén dea información incorrecta resulta máis preocupante, pois suponse que ten que servir para dar servizos de atención ao cliente e de axudar a tomar decisións dentro da empresa, e se os resultados non teñen garantías será difícil que as empresas dean o grande paseo de depositar a súa confianza na IA desenvolvida por Amazon.

PUBLICIDADE