AmbyGear, un smartwatch infantil un tanto diferente
xoves, 5 de marzo do 2015
Parece
que os smartwatches para cativos son
un produto demandado, principalmente para que os pais poidan saber onde están
os seus cativos e pórse en contacto con eles en calquera momento, pero algunhas
compañÃas pensan que introducir un teléfono móbil con GPS nun dispositivo de
pulso pode ter máis vantaxes, e asà queren facer realidade a través dunha
campaña de micromecenado o AmbyGear, un smartwatch infantil que quere manter aos
cativos en contacto e fisicamente activos, que entregarÃase aos mecenas que
acheguen 99 dólares (de completarse con éxito a
súa campaña en Indiegogo) a partires do mes de xuño.
Este concepto de smartwatch serÃa
resistente á auga e aos golpes, terÃa unha autonomÃa de até 7 dÃas, integrarÃa
GPS e optarÃa polo uso de mensaxes de texto en ambas direccións como solución
de comunicacións, mentres que as súas funcións avanzadas corresponderÃan á
creación de alertas e xeobalizas (para saber se os pequenos se manteñen nin
perÃmetro delimitado) e a contar con xogos educativos (como xogos matemáticos
en pantalla ou divertidas buscas de tesouros mediante geocatching).
Este curioso accesorio está baseado nunha pantalla monocromo de baixo consumo,
conta con acelerómetro, magnetómetro e GPS, conta con conectividade Bluetooth
4.1 e Wi-Fi N e cargarÃase mediante indución, podendo xestionarse a través unha
aplicacións para iOS ou Android que permitirá aos proxenitores personalizar o
uso do dispositivo. Curiosamente prescinde de conectividade móbil, xa que está
pensado para que o usen os pequenos na proximidade do teléfono dos seus pais ou
en lugares con Wi-Fi.
- O smartwatch permite gozar do xeocatching para xogar á busca de tesouros
- O AmbyGear inclúe un calendario para alertar ao cativo das súas ocupacións
VÃdeo de presentación do AmbyGear