Amena estrea unha tarifa con chamadas a 1 céntimo/minuto

luns, 26 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Tras endurecer a competencia entre operadores móbiles virtuais en España coas súas tarifas sen límites nin compromisos de 29 e 19 euros/mes (aínda que realmente si ten limitacións en volume de minutos, mensaxe e destinos), Amena quere recuperar pulo na captación de clientes e presenta unha nova tarifa bastante agresiva que por 9 euros/mes incluiría 1 Gb de transferencia de datos a máxima velocidade (superado tal límite baixaría a velocidade a 64 Kbps), 1.000 mensaxes de texto de balde a un máximo de 100 destinos e a 1 céntimo/minuto ata un máximo de 3.600 minutos (aos que habería que engadir 15 céntimos de establecemento de chamada).
Esta tarifa está pensada para usuarios que teñen un reducido consumo de voz no móbil, pero que non queren rexeitar a conectarse á Rede dende o mesmo.

PUBLICIDADE