Andrés Barbé, novo presidente do CLAG
mércores, 22 de decembro do 2010
O
Cluster Audiovisual Galego (CLAG)
ten novo presidente. Trátase do máximo responsable de Formato Producións, Andrés
Barbé, que foi elixido por unanimidade para pórse á fronte do Cluster durante a
última asemblea xeral extraordinaria celebra este 21 de decembro en Santiago.
Segundo informa o CLAG, Barbé dirixirá o organismo intermedio durante os
vindeiros tres anos, acompañándose dos membros da nova xunta directiva, que foi
ratificada igualmente na devandita reunión da plataforma empresarial.
Este
nomeamento vén derivado pola renuncia de Antón Reixa a continuar ocupando a
presidencia do CLAG, quen dirixiu esta institución dende 2005. O presidente
saínte despediuse agradecéndolle a Andrés Barbé o seu apoio e colaboración e
desexándolle longa vida ao Cluster.
O
presidente entrante, pola súa parte, fixo un reconto dos seus obxectivos á
fronte da plataforma, ao seu xuízo un club de negocios e un proxecto de gran
potencial e de gran viabilidade. Por certo que o presidente de Filmax, Julio
Fernández, seguirá ocupando o posto de presidente de honra do CLAG. Polo que
respecta á nova xunta directiva, dicir que estará integrada por tres
vicepresidentes: Celestino Hermida, director-xerente de Área 5.1 Factoría
Audiovisual; Carlos Carballo, director de Voz Audiovisual, e Inmaculada
Castaño, delegada de Filmax en Galicia. O tesoureiro será Orestes García,
director xeral de Arantia 2010. Mar Varela ocupará o posto da xerencia.