Android contará cunha función para compartir documentos de xeito rápido entre dispositivos

luns, 1 de xullo do 2019 Marcus Fernández

Entre as novidades do polémico iOS 7 chegaba en 2013 unha funcionalidade coñecida como AirDrop que facilitaba o intercambio de documentos entre dispositivos con iOS, mentres que en Android mantívose certa diversidade de solucións para realizar tal función, que van dende o uso de Bluetooth ou NFC até o emprego de ferramentas como Files, e agora confirman que dende Google estarían a preparar unha solución equivalente a AirDrop que respondería ao nome de Fast Share e que practicamente sería a segregación da funcionalidade de intercambio de ficheiros de Files, pero que non precisaría dunha aplicación independente, senón que pasaría a estar integrada no sistema.
Dende xeito, dende o propio menú de configuración de Android poderíase configurar esta funcionalidade que estaría dispoñible directamente dende a opción de Compartir do sistema cunha icona con forma de diamante azul e que para a localización de dispositivos próximos cos que intercambiar arquivos tiraría proveito do GPS e o Bluetooth.
Polo momento non se sabe cando será oficial esta nova prestación de Android.

PUBLICIDADE