Android permitirá que espertemos pola mañá con música de Spotify

martes, 31 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Google anunciou hoxe unha actualización da súa aplicación de Reloxo para Android, que como grande novidade ten que como son para as alarmas permite fixar música de Spotify, sempre que teñamos correctamente configura a aplicación de música en streaming (con independencia de que a nosa conta sexa de balde ou de pagamento).
Cando elixamos a música coa que desexemos espertar pola mañá podemos ver os temas reproducidos recentemente, podemos elixir entre varias listaxes de reprodución de Spotify ou incluso buscar por un tema en concreto. Logo, ao apagar a alarma musical, poderemos elixir se queremos que a música pare ou continuar a empregar Spotify durante o día.
Esta nova funcionalidade espallarase ao longo desta semana a nivel mundial e será compatible con dispositivos con Android 5.0 ou superior.

PUBLICIDADE