AndroidPIT axúdanos a lidar coa abundancia de aplicacións para Android

xoves, 16 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

O negocio das aplicacións móbiles está a tomar unhas dimensións impresionantes, tanto polo seu volume económico como polas súas repercusións no mercado laboral, pero para o usuario é principalmente un incremento da oferta de contidos e servizos, tanto de balde como de pagamento, que é como unha navalla con 2 gumes, xa que ao ampliar a cantidade de aplicacións dispoñibles temos un abano maior, pero tamén resulta máis complicado atopar as solucións ás nosas necesidades. Para evitar esta problemática no caso do sistema operativo Android están a xurdir alternativas ao Android Market, que destacan principalmente por non apostar pola cantidade senón pola calidade, enriquecendo os seus contidos con fichas, análises e foros, como fai AndroidPIT, plataforma nacida en Alemaña que actualmente conta con versión en alemán, grego, portugués francés e español, que achégase ao usuario de dous xeitos paralelos: cunha completa páxina web e unha aplicación móbil.
A aplicación móbil de AndroidPIT permite consultar as análises de distintas aplicacións para descubrir as que pode ser máis interesante descargar e conta tamén con acceso a un blog informativo e ao foros desta plataforma; pero a páxina web de AndroidPIT é aínda máis completa, contando tamén con sección para desenvolvedores, acceso a unha comunidade de preto de 900.000 usuarios, unha completa base de datos de aplicacións para Android e un App Center no que podemos ver aplicacións recomendadas e analizadas e incluso listaxes de aplicacións de balde e de pagamento, o que permítenos descubrir utilidades case indispensables como o Advanced Task Killer, ata o popular WhatsApp para Android, pasando por elegantes aplicacións de pagamento como Beautiful Widgets, que resulta especialmente atractiva para usuarios que non contan cun smartphone cunha versión de Android sen capa de personalización do fabricante, achagando prestacións como as que podemos ver no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE