Anuncian o primeiro combo de Blu-ray e Blu-ray 3D

xoves, 30 de setembro do 2010 Marcus Fernández

O éxito do DVD non soubo transmitirse a novos soportes físicos, e así, nos últimos meses puidemos ver como moitas películas en formato Blu-ray vendíanse en combo, ou sexa, incluíndo na súa caixa unha copia das mesmas en DVD, de xeito que os consumidores poden adquirir así unha copia das súas películas favoritas en alta definición contando tamén cunha copia más compatible con dispositivos de reprodución domésticos, e seguindo nesta liña de combinar formatos chega agora a película Garfield y su Pandilla, que chegará ás tendas españolas o vindeiro 24 de novembro coma un combo de Blu-ray e Blu-ray 3D.
Estariamos ante o primeiro caso de combo deste tipo, pois o formato Blu-ray 3D está a chegar ao mercado a un ritmo moi reducido provocado pola pouca penetración dos televisores 3D nos fogares españois. Na actualidade podemos atopar nas tendas apenas 4 películas en formato Blu-ray 3D, e é de agardar que apostas como a mencionada poderán servir para instar aos consumidores a facerse con copias estereoscópicas das películas sabendo que van poder gozar das mesmas obras en equipamentos que non gocen das 3D.

PUBLICIDADE